jueves, 2 de enero de 2014

Resumo da presentación de "Carga de dignidade", nas Portas ártabras da Coruña

Velái unhas fotos que resumen a emisión ao vivo de Radio Buguina para presentar Carga de dignidade, nas Portas Ártabras da Coruña, o pasado venres 27 de decembro de 2013




Co rouco son da buguina, arrancaba nas Portas Ártabras da Coruña, ante un público que enchía a sala, a presentación do Filme "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa.

O inigualable Xurxo Souto, cantou o clásico "Embarcamos na Coruña para ir para o Ferrole".

Houbo unha intervención telefónica en directo con de Ignacio Nabeiras, presidente do comité de empresa de Navantia, intre no que Xosé Bocixa despregaba a bandeira "Ferrolterra Esixe Solucións".

No hay comentarios:

Publicar un comentario