lunes, 24 de marzo de 2014

"Radio Buguina" na xornada "Mar e Ferro"

Algunhas imaxes da intervención de "Radio Buguina" na xornada "Mar e Ferro" do 30 aniversario de Radio Fene, xornada celebrada con poesía recitada e coa pintura de murais nas rúas do barrio das vivendas de San Valentín de Fene.


Convidada pola radio municipal, Radio Buguina forneceu o título da xornada e contribuíu tamén presentando o filme "Carga de dignidade", acto que recollen as imaxes no CPS San Valentín. Nesta ocasión, o Filme estivo presentado por Pepe Galán, Pepe Barro e Ánxo Varela, que se comprometeron oficialmente a convidar a Radio Fene ao 30 aniversario de Radio Buguina.



Debuxo realizado por unha nena pequena, que foi presentado ao concurso da xornada "Mar e ferro", que ,como se pode ver, inclúe unha referencia moi explícita á reixa da dignidade.



sábado, 18 de enero de 2014

miércoles, 8 de enero de 2014

Presentación do Filme "Carga de dignidade", en Betanzos

O pasado sábado, 4 de xaneiro, ante unha sala abarrotada de xente, tivo lugar unha nova emisión ao vivo de Radio Buguina na libraría Biblos, en Betanzos. Outra vez sonou o rouco son da nosa buguina para presentar o Filme "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa.

(Foto cedida por Tucho)

(Foto cedida por Tucho)

(Foto cedida por Tucho)

jueves, 2 de enero de 2014

Resumo da presentación de "Carga de dignidade", nas Portas ártabras da Coruña

Velái unhas fotos que resumen a emisión ao vivo de Radio Buguina para presentar Carga de dignidade, nas Portas Ártabras da Coruña, o pasado venres 27 de decembro de 2013




Co rouco son da buguina, arrancaba nas Portas Ártabras da Coruña, ante un público que enchía a sala, a presentación do Filme "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa.

O inigualable Xurxo Souto, cantou o clásico "Embarcamos na Coruña para ir para o Ferrole".

Houbo unha intervención telefónica en directo con de Ignacio Nabeiras, presidente do comité de empresa de Navantia, intre no que Xosé Bocixa despregaba a bandeira "Ferrolterra Esixe Solucións".