Algunhas imaxes da intervención de "Radio Buguina" na xornada "Mar e Ferro" do 30 aniversario de Radio Fene, xornada celebrada con poesía recitada e coa pintura de murais nas rúas do barrio das vivendas de San Valentín de Fene.
Convidada pola radio municipal, Radio Buguina forneceu o título da xornada e contribuíu tamén presentando o filme "Carga de dignidade", acto que recollen as imaxes no CPS San Valentín. Nesta ocasión, o Filme estivo presentado por Pepe Galán, Pepe Barro e Ánxo Varela, que se comprometeron oficialmente a convidar a Radio Fene ao 30 aniversario de Radio Buguina.
Debuxo realizado por unha nena pequena, que foi presentado ao concurso da xornada "Mar e ferro", que ,como se pode ver, inclúe unha referencia moi explícita á reixa da dignidade.